Erasmus Student Network (ESN) é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1989 para apoiar e desenvolver o intercambio de estudantes. Na actualidade, é unha das maiores asociacións interdisciplinarias de Europa e está presente en 525 institucións de educación superior de 40 países.

Os obxectivos de ESN son:

  • Traballar polo interese dos estudantes internacionais.
  • Mellorar a integración social e práctica dos estudantes internacionais.
  • Representar as necesidades e dereitos dos estudantes internacionais a nivel local, nacional e internacional.
  • Achegar información sobre os programas de mobilidade.
  • Traballar na reintegración dos estudantes que volven aos seus países de orixe.
  • Contribuír a mellorar e facilitar a mobilidade dos estudantes.
  • Preocuparse polos seus voluntarios.
  • Promove o voluntariado e a cidadanía activa. 

Para iso, ESN traballa en tres niveles: Internacional, Nacional e Local. Ao nivel local pertence, por exemplo, ESN Santiago de Compostela, que realiza actividades para axudar á integración e mellorar a estancia dos estudantes estranxeiros da Universidade de Santiago de Compostela.

ESN traballa pola creación dunha contorna de traballo con máis mobilidade e máis flexible apoiando e desenvolvendo o intercambio de estudantes, e achegando un experiencia intercultural tamén para aqueles estudantes que non poden acceder a unha estancia no estranxeiro (“internacionalización en casa”)