Que é?

A ESNcard é a tarxeta de socio de ESN (Erasmus Student Network). Con esta tarxeta serás membro dunha sección ESN durante un ano, e formarás parte da rede de ESN. A tarxeta dá acceso a todos os servizos de ESN e a todos os nosos  partners. O obxectivo da  ESNcard é dar aos estudantes internacionais oportunidades alcanzables durante a súa estancia no estranxeiro. 

Coa ESNcard, terás moitos descontos en aloxamento, deporte, comida, bares, etc. por toda Europa. Tamén terás a oportunidade de participar en centos de eventos durante un ano.

Como funciona?

  1. Pre-rexístrate para obter a túa ESNcard aquí.
  2. Realiza o pago da túa tarxeta.
    • Para pagar online, realiza o pago a través de Verse (https://verse.events/BrIHKxfaFXbnE), indicando o teu nome completo.
    • Para pagar en persoa, realiza o pago na nosa oficina, cando recollas a ESNcard.
  3. Recolle a túa ESNcard na nosa oficina (e págaa presencialmente, se non pagaches a través de Verse).
  4. Rexistra a túa tarxeta en: www.esncard.org.
  5. Xa está!  Xa podes gozar de todos os beneficios da túa ESNcard!