Política de privacidade
Información sobre como ESN Santiago de Compostela trata os datos persoais.
En cumprimento do previsto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (RXPD), así como en cumprimento do previsto na normativa nacional sobre protección de datos, recóllense nesta cláusula os seguintes aspectos relativos ao tratamento de datos de carácter persoal recadados:
Responsables do tratamento
O responsable do tratamento é a Asociación de Estudiantes de Intercambio de Santiago de Compostela, con CIF G70521240, Colexio de San Xerome, Rúa do Franco, n.º 2, 15701, e enderezo de correo electrónico [email protected].
Finalidade
A finalidade de recadar estes datos é a correcta identificación das persoas interesadas que participen no formulario denominado ESN IBIZA TRIP 2025, para a súa asistencia ao evento ESN IBIZA TRIP 2025. Os datos recadados son os estritamente necesarios para a participación da persoa interesada nese evento.
Período de conservación da información
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recadan e para determinar as posibles responsabilidades que puidesen derivarse da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.
Natureza dos datos tratados
A información persoal recadada limítase a datos identificativos (nome, apelidos, DNI, fotografía…) e datos de contacto (teléfono e correo electrónico).
Lexitimación
O tratamento de datos persoais baséase no consentimento explícito do interesado, que se outorgará mediante aceptación expresa da presente política de privacidade e protección de datos persoais. O tratamento dos datos tamén se xustifica pola necesidade de cumprir coas obrigas legais relacionadas co rexistro de hóspedes no aloxamento, así como a organización, xestión e seguridade da viaxe.
Destinatarios dos datos e transferencias internacionais
Non se prevén cesións nin transferencias internacionais. Os datos persoais serán transferidos á FEDERACIÓN ERASMUS STUDENT NETWORK ESPAÑA, con CIF V83340406, por ser a principal organizadora do evento ESN IBIZA TRIP 2025, e tamén poderán ser transferidos por esta ao establecemento hoteleiro e á axencia de viaxes organizadora do evento coa única e exclusiva finalidade de prestar os servizos do evento.
Medidas de seguridade
Adoptaranse todas as medidas técnicas e organizativas para garantir a protección dos datos persoais, evitando a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, en función da natureza dos datos.
Consentimento
Coa aceptación da presente política, o interesado consente ao tratamento dos seus datos persoais conforme ao descrito neste aviso de privacidade, incluíndo a súa cesión á entidade encargada da organización da viaxe.
Exercicio de dereitos
O interesado poderá exercer en calquera momento ante o responsable do tratamento os dereitos de acceso, rectificación, limitación, oposición, supresión, portabilidade e oposición ao tratamento de decisións automatizadas. Para facer efectivos estes dereitos, os interesados poderán remitir carta ao enderezo indicado anteriormente ou correo electrónico a [email protected].
Comunicación de incidencias
Nos casos en que os interesados consideren que durante o tratamento se vulneraron os seus dereitos en materia de protección de datos, especialmente cando non obtivesen satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderán presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia de Protección de Datos competente (Axencia Española de Protección de Datos - www.agpd.es).
